Río Lérez
15 de 15

Río Lérez

Rio, Espazo biográfico Pontevedra

En Meu Pontevedra! Castelao evoca a súa cidade de adopción, co río Lérez como parte dese recordo. A familia Valle-Inclán conserva na súa casa pontevedresa un lenzo co Lérez como protagonista, dedicado ao seu gran amigo Ramón María del Valle-Inclán. As augas fluviais servían de fonte inspiradora aos compoñentes do Clube Karepas, do que Castelao formaba parte. Utilizábano para as súas prácticas deportivas, así como para realizar excursións ás romarías circundantes, ou picnics nos salóns do río.