Pazo de Martelo
14 de 30

Pazo de Martelo

Espazo biográfico, Espazo Literario, Pazo Praza de Rafael Dieste, 1 - 15920 - Rianxo. A Coruña

Os escudos do pazo de fins do século XVII, foron debuxados por Castelao para a revista Nós. Pero a vinculación co mesmo ven da infancia do rianxeiro, cando ía de visita co seu avó. Na vivenda falábase en galego, comezando aquí a concienciación do artista polo idioma. Jose A. Durán recolle en El primer Castelao as verbas que o señor Martelo lle dirixira ao pequeno: Falar gallego non é falar mal, é falar diferente . Así mesmo, foi o lugar de reunión tras o funeral oficiado na parroquial.

http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=120 981 86 02 72

Aberto de Luns a Venres, de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas; e Sábados de 11:00 a 14:00