Cemiterio de Rianxo
2 de 30

Cemiterio de Rianxo

Espazo biográfico, Espazo Literario Fincheira, s/n - 15920 - Rianxo. A Coruña

No cemiterio municipal existe un fuste gótico que o artista recolle en As cruces de pedra na Galiza, ademais de ser o lugar onde se atopa o pateón familiar dos Rodríguez Castelao. A súa irmán Teresa, cedeu o nicho aos seus curmáns Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao, no tralado dos seus restos de Baión a Rianxo. Os irmáns Ínsua, xunto a oito persoas máis, atoparon a morte nun bou en Vigo, a punto de fuxir cara ao exilio. Este feito conmocionou fondamente á familia.