Hórreo da Fincheira
17 de 30

Hórreo da Fincheira

Espazo biográfico, Horreo, Espazo Literario R. Fincheira, s/n - 15920 - Rianxo. A Coruña

Mariano Rodríguez, pai do artista, mercou unha horta murada na Fincheira, lugar recollido en Cousas, onde mandou construir un hórreo de cantaría en 1919. O cacique Viturro Posse, gassetista contrario ao maurista Mariano, mandou derrubar o citado ben por afear o contorno da rúa. Os canteiros do lugar negáronse a executar a orde, polo que se viron na obriga de contratalos en Asados. Cando estes ían proceder á demolición, o pobo en masa opúxose, enfrontándose á garda civil con diferentes cantinelas.