Santuario da Guadalupe
7 de 30

Santuario da Guadalupe

Capela, Espazo Literario, Espazo biográfico Praza de Castelao, s/n - 15920 - Rianxo. A Coruña

Castelao participaba desde a infancia das festas da vila, observando desde as ventás da casa o embarco e desembarco da Virxe da Guadalupe. Esta vai ser a protagonista da coñecida Rianxeira, composta no ano 47 por un amigo do artista con motivo do seu recibimento. O político galeguista regresaba de París, tras deixar o cargo de ministro da República no exilio. Así mesmo, o artista realiza o lenzo de Camiño da festa da Guadalupe por encargo dos Fillos de Rianxo de Bos Aires en 1912.