Capela de San Xosé
Espazo Literario, Capela R. San Xosé, s/n - 15920 Rianxiño - Rianxo. A CoruñaA capela foi promovida por Xacinto Varela Becerra Sotomayor en 1644. A imaxe da Virxe da Guadalupe permaneceu aquí desde 1773, ata o seu traslado ao actual santuario no XIX. Castelao reinventa o escudo de Galiza escollendo o lema de Denantes mortos que escravos, así como a serea dos Mariño de Sálvora como motivo principal. Un dos escudos que lle servíu de inspiración foi o que aparece na fachada da capela, coñecida como do Patrocinio ou de San Xosé.