Pazo de Viturro
5 de 30

Pazo de Viturro

Espazo biográfico, Petroglifos, Pazo R. Ana María Moa, 2 - 15920 Rianxiño - Rianxo. A Coruña

Esta foi a vivenda do cacique Manuel Viturro Posse, inimigo político do pai de Castelao. Viturro aparece caricaturizado no xornal conservador, El Barbero Municipal, desde onde Castelao como debuxante e redactor ocasional, Eduardo Dieste e o director, Arcos Moldes, facían os seus comentarios satíricos acerca dos acontecementos de Padrón e da Barbanza. Cerca do pazo de Rianxiño, que posúe un gran hórreo de cantaría, atopáronse uns petróglifos con forma de cazoleta.