Peirao de Setefogas
Espazo biográfico Setefogas - 15920 - Rianxo. A CoruñaSetefogas é o peirao máis antigo do concello. Segundo conta José A. Durán no seu libro El primer Castelao, a construción correu a cargo do pai de Ramón Fernández Mato, veciño de Cespón. Esta circunstancia deu a oportunidade a ambos artistas de coñecerse xa na xuventude, empezando a compartir as vacacións habitualmente. Os dous tamén coincidiron nos estudos de grao medio e formando parte da Tuna compostelá, da que Fernández Mato chegou a ser o presidente.