Praia de Tronco
Espazo Literario, Praia As Cortes - 15920 - Rianxo. A CoruñaO Tronco é unha das paisaxes recollidas por Castelao nunha das súas Cousas. Cóntase a historia da Sinforosa, unha vella mandadeira coñecedora das desgracias do mar na vila. Rezaba sempre pola veciñanza afogada, incluíndo a un pequeno, morto accidentalmente nesta praia rianxeira, cando ela aínda non nacera.