Casa dos Baltar en Tanxil
3 de 30

Casa dos Baltar en Tanxil

Espazo biográfico Tanxil, - 15920 - Rianxo. A Coruña

Don Ánxel Baltar, médico de profesión, foi quen operou a Castelao nun dos seus problemas coa cegueira. Unha gran amizade unía aos proxenitores das familias Baltar e Rodríguez, estreitándose tras as prácticas realizadas polo rianxeiro con don Ánxel en Compostela. A paixón que o médico sentía por Rianxo levouno a establecerse na vila rianxeira. O lugar escollido foi Tanxil, polas fermosas vistas á Ría de Arousa, sendo un fogar moi frecuentado polos Rodríguez Castelao.