O Barbero Municipal
11 de 30

O Barbero Municipal

Espazo Literario, Espazo biográfico R. de Abaixo, 46 - 15920 - Rianxo. A Coruña

O xornal conservador, El Barbero Municipal, nace como réplica ao liberal Buenas Noches. O equipo de redacción e edición estaba formado por Arcos Moldes, Castelao, Eduardo Dieste e Rey Baltar. A casa dos Dieste convertiuse en sede improvisada para moitas das reunións do grupo. Plantábanlle cara ao cacique gassetista Viturro Posse, secretario da Deputación, en defensa dos ideais mauristas do Marqués de Figueroa, representados en Rianxo polo pai de Castelao, don Mariano Rodríguez.