Conxunto arquitectónico de Asados
18 de 30

Conxunto arquitectónico de Asados

Espazo Literario, Igrexa, Espazo biográfico, Espazo etnográfico, Cruceiro Suigrexa, 28 - 15984 Asados - Rianxo. A Coruña

Castelao publica na revista Nós en 1930, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á reitoral. Queren que lles acompañe ao adro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar. O cruceiro, onde esperaba esta muller, foi utilizado polo artista para o estudo sobre as cruces galegas. Así mesmo, a súa irmá contaba que o marco do lenzo de Festa na Aldea foi realizado tamén en Asados.