Cruceiro de Cubeliño
26 de 30

Cruceiro de Cubeliño

Cruceiro, Petroglifos, Espazo Literario, Espazo etnográfico O Coveliño - 15990 Cespón Boiro. A Coruña

O cruceiro de capela de propiedade privada é debuxado por Castelao no seu libro de As Cruces de pedra na Galiza. Tamén recolle a súa historia, que conta como a veciñanza vira a Virxe cara ao punto cardinal, segundo precisen que sopre o vento. A escasos metros do ben etnográfico, atópase a Pedra da Cabra, un petróglifo composto por dous grupos de gravados, por un lado nove cazoletas e por outro a representación de dous zoomorfos hastados.