Romaría de San Ramón de Bealo
21 de 30

Romaría de San Ramón de Bealo

Espazo biográfico, Petroglifos, Espazo Literario, Capela San Ramón 15990 Bealo - Boiro. A Coruña

Como ben dicía o propio Castelao, non se perdía unha romaría do contorno, sendo a de San Ramón de Bealo a máis antiga e de maior sona da comarca. A familia acodía todos os anos, no seu balandro ou no coche do párroco Xosé Fariña. Aquí foi un dos lugares de maior importancia para a inspiración do rianxeiro para as súa imaxes de cegos. No contorno da capela e da aldea de Bealo, atópanse diversos grupos de petróglifos, destacando os da Laxe da Serpe.