Casa de Ramón Fernández Mato
23 de 30

Casa de Ramón Fernández Mato

Espazo biográfico San Roque, 36 - 15990 Cespón Boiro. A Coruña

A vivenda dos Mato estaba situada en Cespón, antiga parroquia de Rianxo hoxe anexionada ao concello de Boiro. Castelao coñecía á familia Fernández Mato desde a infancia, pasando incluso vacacións xuntos. Estreita a súa amizade con Ramón nos tempos de estudiante en Compostela. Nos faladoiros da casa coincidían personaxes como Castelao, Valle-Inclán ou García Martí. Estas reunións eran percibidas pola veciñanza, quen comentaba que alí xuntábanse os homes da República, unidos á cultura e política.