Ponte Beluso
22 de 30

Ponte Beluso

Espazo biográfico, Capela, Cruceiro, Ponte A Ponte Beluso - 15990 Cespón. Boiro. A Coruña

Esta zona foi moi prolífica en fábricas, movendo moitos traballadores. Ata aquí chegaba a familia Castelao no balandro do pai para acudir á romaría de San Ramón. O embarcadoiro situábase tras a fábrica de madeiras Carbonell, onde había unha liña marítima regular de Boiro a Vilagarcía. No contorno da ponte atópase a Capela das Angustias, trasladada do pé da estrada tras o ensanchamento desta. O cruceiro actual, promovido pola comunidade de Montes do lugar, foi construído sobre os chanzos do vello.