Antiga escola de Artes e Oficios da Pobra do Caramiñal
Espazo biográfico Praza Santos Mieites esquina R. Díaz de Rábago - 15940 - Santiago de Deán. Pobra do Caramiñal. A CoruñaTras regresar de Arxentina no ano 1900, o pai envía a Castelao a aprender debuxo coa pintora e música María Dios Rivademar. A artista pobrense impartía cursos na escola de Artes e Oficios da vila. Posiblemente estas fosen as primeiras clases que o rianxeiro recibía. Destaca o edificio de vivendas que albergaba esta escola, pois se trata dunha arquitectura eclecticista de principios do século XX, única no Caramiñal con estas características.