Casa de García Martí
30 de 30

Casa de García Martí

Espazo biográfico Paseo do Areal, 6 - 15940 - Pobra do Caramiñal. A Coruña

Esta foi a vivenda de Victoriano García Martí, grande amigo de Ramón del Valle-Inclán, situada no coñecido barrio dos cataláns. Aquí organizaba reunións e faladoiros nos que ocasionalmente participaba Castelao. Ambos coincidían tamén na casa de Ramón Fernández Mato, en Boiro. O rianxeiro ilustra en 1911 a portada de La sonrisa de un espíritu, libro inédito do pobrense.