Paseo de Tanxil
4 de 30

Paseo de Tanxil

Espazo biográfico, Praia, Mirador De Punta Fincheira a Tanxil - 15920 - Rianxo. A Coruña

Un dos paseos máis frecuentados por Castelao durante a súa estancia en Rianxo era o que conduce desde Punta Fincheira ata a praia de Tanxil, moitas das veces camiño da casa dos Baltar. Na praia de Tanxil, unha placa recorda os momentos que o artista pasaba coa familia, e cando lle ensinou a un dos fillos a nadar nas augas da praia. O paseo esténdese por unha zona acantilada con preciosas vistas da ría arousá.