Casa natal de Pondal
1 de 29

Casa natal de Pondal

Espazo biográfico, Pazo Estr Corme, 48 - 15110 San Tirso de Cospindo - Ponteceso. A Coruña

Arquitectura de cantaría, con planta rectangular, dous pisos en altura e cuberta a catro augas de tella do país. A obra foi promovida polo pai de Eduardo Pondal, despois do seu regreso con cartos de Arxentina en 1820. Os seus baixos funcionaron tamén como fábrica de sal. Aquí foi criado o poeta polo seu pai e irmáns, tras quedarse orfo de nai. As vistas desde a casa, á beira do río Anllóns e xunto a ponte de Ponteceso, serviu de inspiración para o bardo.

Finca privada. Non visitable