Monte Branco
4 de 29

Monte Branco

Espazo Literario, Montaña, Mirador Monte Branco - 15110 San Tirso de Cospindo - Ponteceso. A Coruña

Espazo natural que aparece como pano de fondo do río Allóns ao seu paso pola casa pondaliana. O poeta dedicoulle un poema no seu libro Queixume dos pinos, aparecendo en diferentes ocasións nas súas obras. O topónimo do lugar relaciónase coas areas brancas que soben pola súa faldra, levadas polo vento do suroeste, conferíndolle deste xeito un aspecto esbrancuxado. Desde o seu cumio pódese observar a enseada da Insua, onde se produce a desembocadura do río Anllóns no océano Atlántico.