Ferrol: Praza Vella
Espazo biográfico Praza Vella, FerrolNo Ferrol Vello, preto do peirao de Curuxeiras e da propia rúa San
Francisco está a Praza Vella, moi ligada á nenez de Ricardo. Espazo de xogos
con amigos e irmáns e lugar onde se celebraba cada mes unha feira á que acudían
os membros da familia. A nai mercaba viandas e alimentos e o fillo Ricardo non
desaproveitaba a ocasión de feirar algún libriño. Sempre os libros e a cultura
ao redor do noso protagonista que vivía nunha vila en parte parecida á veciña
de Mugardos. A infancia de Ricardo aparece reflectida nos seus relatos O lar de Clara, Os
tumbos, As pitas baixo a chúvia e
na novela Scórpio. Aquí lembra o
Ferrol Vello.
“O Ferrol Vello é o Ferrol máis antigo, un bairro, de pescadores,
primitivamente, que non era outra cousa que unha vila mariñeira semellante às
da Ria enfrente do Ferrol de hoxe, por exemplo, Mugardos. O Ferrol Vello, si,
que rematava no Cristo, nunha esquina próxima a onde se atopa hoxe o Pazo da
Capitania Xeneral, e que lle chamávamos así, o Cristo, porque nesa esquina
havia unha imaxe de Cristo crucificado aloxada na parede. O Ferrol Vello, que
alí remata, era antigamente unha vila de mariñeiros con comércio de efeitos
navais, muitas veces escrito en inglés, amais de castellano, nos
correspondentes establecimentos, e un pazo da familia Bermúdez cunha capela”.
Fernán Vello, M. A. & Pillado Mayor, F. (1986): Conversas en Compostela con Carballo Calero, 15 (Barcelona: Sotelo
Blanco).