Ferrol: Escola de Comellas Coímbra
Espazo biográfico Rúa Sánchez Barcáiztegui, 6, FerrolUnha parte fundamental dos alicerces formativos de Ricardo están ligados ao Colexio “Sagrado Corazón de Jesús” que dirixía o escritor Manuel Comellas Coímbra cos seus fillos Manuel e José. O colexio estaba no 151 da Rúa Real e “incorporado” ao Instituto Xeral e Técnico da Coruña onde Ricardo fai por libre parte dos exames de bacharelato. Tamén estudou na Academia de San José cando pensou dedicarse á carreira militar. Manuel Comellas Coímbra fora fundador e director de El Correo Gallego, e autor das obras Pilara ou Grandezas d'os humildes: fantesía dramáteca en tres partes, estreada no Jofre e publicada en 1920 e Redención por amor. Na súa casa natal situada na rúa Sánchez Barcáiztegui, esquina con Magdalena, colocouse en 1929 un busto de Comellas, obra do escultor López Mirás, cunha lembranza da súa figura. Ao enterro de Comellas asistiron o propio Carvalho Calero, Otero Pedrayo e Castelao.
PILARA
Don Manuel
Comellas Coimbra nacéu o 30 de abril de 1853 na casa número 6 da rúa Sánchez
Barcaiztegui, en Ferrol. Bó ferrolán, bó periodista.
Saúdao así a lápida que o lembra no muro do fogar nadal. I engade: mestre de tres xeneracións de estudantes. Eu son membro da terceira de istas xeneracións.No solar da casa nova que leva hoxe os números 151 e 153 da rúa Real hachábase estabelescido o colexio do Sagrado Corazón, que don Manuel dirixía. Os nenos do primeiro insiño vían os Sábados -¿ou era nas quintas feiras?- como don Manuel sentábase detráis da mesa profesoral pra lles dirixir a verba. Don Manuel daba unha lección de moral, ou de relixión, ou de historia, e aquela paxariada escoitaba engaiolada a fala do mestre. ¡Grande figura ferrolá don Manuel Comellas! No insiño, no periodismo, na política. Morreu na súa casa de Mandiá o 3 de xuño de 1925. Alí acodimos os seus discípulos de entón, os seus discípulos de antano a escoitalo, silenzosos, no seu derradeiro viaxe.
Estouno vendo, cos
seus cabelos, os bigodes grises, traduciendo pra min a Ovidio, Fous erat illissuis, arganteus,
nitidis nudis. Como unha fonte enxebre, de prata, de ondas nídias,
agromaba a súa verba pra nós. ¡En cantos de nós produxo il a primeira emoción
oratoria!
Don Manuel
Comellas Coimbra figura como autor dramático galego pola sua obra Pilara. Foi
estrenada no teatro Jofre, de Ferrol, o 23 de agosto de 1919, e novamente
representada no mesmo teatro o 6 de setembro do propio ano. Imprentóuse ao
seguinte nos talleres de El
Correo Gallego.
Pilara está
escrita n-unha prosa galega que, apoiándose fundamentalmente na fala popular,
amosa porén o esforzo por eliminar esotismos. O cantor emprega, sempre que o
considera necesario, diversos neoloxismos, ou adaptacións de xiros populares,
pra sustituir as voces casteláns que vulgarmente se utilizan, cando non conece
voz enxebre expresiva do concepto.
La
Noche, 3-II-1950 e en Escritos sobre
teatro (2000: 11-13), edición de Laura Tato (A Coruña: UDC).