Ferrol: Concello de Ferrol
Espazo biográfico Praza de Armas, FerrolEn 1933, aos 23 anos e por oposición, Ricardo obtén unha praza de auxiliar
administrativo no Concello de Ferrol afiliándose por iso ao Sindicato de
Oficios Varios da UGT. A sede do Concello estivo no Cantón de Molíns e no
cárcere. Desde 1953 está na Praza de Armas. En 1981 o concello acorda o seu
reingreso simbólico como funcionario logo de ser separado do servizo durante a
guerra pola súa fidelidade á República. E en 1989 o mesmo concello noméao Fillo
Predilecto, distinción que recolle en persoa xa enfermo en 1990 pouco antes do
seu pasamento. Aqui explica a alma de Ferrol.
“Mas Ferrol nom é somente a Marinha, o Exército ou a ciência e a literatura
ao serviço da comunidade espanhola na sua totalidade. O entorno rural, a
actividade pesqueira, a vida artesanal conservárom formas tradicionais galegas
de cultura que, despreciadas pola subestimaçom própia do racionalismo ilustrado
e o progressismo decimonónico, achárom no entanto valedores no espírito
romântico. Ferrolano foi Benito Vicetto,
o poeta Alberto Camino, Manuel Comelhas Coímbra.
Afora a fulgurante figura de Esquio, a contribuiçom de Ferrol à cultura
galega propiamente dita verifica-se na época do Ressurgimento, e dista de ser
irrelevante. Mas nom só fôrom ferrolanos alguns importantes promotores do
Ressurgimento, senom que instituiçons como o coro Tojos e Froles e a colecçom
literária Céltiga som de inescusável conhecimento para a história das nossas
letras e das nossas artes”.
“Ferrol na cultura galega”, discurso pronunciado no Ateneo de Ferrol en
1983 e publicado en Letras Galegas,
123-126 (A Coruña: AGAL), 1984.