Pedra da Serpe
6 de 29

Pedra da Serpe

Cruceiro, Espazo Literario Gondomil - 15114 Santo Adrán de Corme Aldea - Ponteceso. A Coruña

Trátase dunha pedra natural co relevo dunha serpe alada, e unha cruz latina no seu centro, símbolo da cristianización dun lugar de posible culto pagán. A datación desta obra está por verificar, aínda que se barallan entre épocas tan dispares como a prehistórica, romana ou medieval. Vinculado a este elemento existe a lenda de Santo Adrán (nome que recibe a parroquia), quen espantou unha praga de serpes dando un golpe co seu pé na terra . Os réptiles fuxiron baixo a pedra actual, onde din, permanecen ata hoxe.