Praia da Ermida
Praia Gondomil - 15114 Santo Adrán de Corme Aldea - Ponteceso. A CoruñaO núcleo de Gondomil remata nesta pequena praia de area fina co a panorámica da próxima illa da Estrela. Trátase dun espazo simbólico onde diversos autores falan de círculos líticos, un castro e restos romanos. No medievo existiu unha pequena capela dedicada á citada virxe, da que só se conservan algunhas pedras. Por tal motivo a praia recibe a denominación de Ermida.