CASA DE GARRIDO
Edificio singular Rúa da Paz, 5 - Ares (comarca de Ferrol - A Coruña)Características arquitectónicas:
Casa urbana, de planta rectangular, de dous andares e cuberta plana, cun amplo xardín no lateral da casa no que destacan as palmeiras que salientan a súa condición de casa indiana. Todo o conxunto está pechado cun gran muro de formigón combinado con elementos de forxa.
Nas fachadas os numerosos vans proporciónanlle luminosidade á vivenda, o mesmo que as dúas galerías laterais. Os ocos están remarcados con molduras, pintadas de distinta cor para resaltar. Destaca a cornixa elevada por toda a construción, con pequenas pilastras rematadas cada tramo nunhas volutas que lle dan ritmo e horizontalidade ao conxunto.
Fonte: ANATOL SEOANE, Bernardo; ARDÁ SUÁREZ, A. Carlos (dir.) (2000): Indianos. Arquitectura da emigración na península de Bezoucos: Ares, Cabanas, Fene e Mugardos. Fene, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.