ESCOLAS DO LAGO DA ALIANZA ARESANA
6 de 6

ESCOLAS DO LAGO DA ALIANZA ARESANA

Edificio singular Rúa Real, 117 - Ares (comarca de Ferrol - A Coruña)

Ano de construción: 1955.
Promotor: Alianza Aresana de Instrucción.
Estilo: racionalista

Características arquitectónicas:
Edificio deseñado polo recoñecido arquitecto Rodrigo Ucha Piñeiro.

Consta dunha soa planta rectangular, cun pequeno bloque que sobresae como corpo central, tanto na fachada principal como na posterior e que xera un pequeno vestíbulo de acceso. A ambos os dous lados, hai un corpo lateral no que estaban situadas as dúas aulas nas que estudaron as nenas de Ares. A cuberta é a catro augas en roda.
Conta con moi poucos elementos decorativos, agás os remarques das portas no corpo principal con molduras en arco de medio punto, pintadas doutra cor para darlle maior resalte. As paredes son moi lixeiras, ocupadas por numerosos vans que lle aportan luminosidade ao interior. Todo o conxunto está delimitado por un muro de cemento, que delimita o espazo.
O edificio foi rehabilitado en 2019 polo concello de Ares e actualmente é un centro sociocultural.
Fotografía: Anxo Fernández
Foto cedida polo Concello de Ares