Dolmen de Dombate
10 de 29

Dolmen de Dombate

Espazo Literario, Espazo arqueolóxico Dombate - 15119 San Xoán de Borneiro - Cabana de Bergantiños. A Coruña

O Pondal mozo percorría o camiño de Ponteceso a Nemiña (Muxía), onde estudaba, pasando por Cabana. Aquí coñeceu, a temperá idade, a chamada catedral do megalitismo, e comezou o seu interese pola prehistoria de Galicia. Serviulle de inspiración para o poema de "Dolmen de Dombate", publicado na súa obra Queixume dos Pinos. Nas escavacións comprobouse a existencia dun Dombate antigo e un recente. Neste último foi onde apareceron pinturas e os relevos coñecidos como A Cousa.

Aberto sábado, domingo e festivos de 11:00 a 18:00 horas.