Calvario dos Vilares
CruceiroAtópase na parroquia guitiricense de San Vicenzo dos Vilares, na que hai tamén un bo número de cruceiros. Este singular calvario está situado diante da igrexa parroquial, pero separado dela pola estrada LU-P-2301.
O fuste e capitel do cruceiro central son iguais aos de dous cruceiros deste concello: o de Saa, realizado no ano 1798, e o da igrexa; os dous na parroquia de Labrada. Esta semellanza estilística lévanos a supoñer que estas tres obras foron realizadas por un mesmo autor, probablemente Felipe de Saa, a finais do século XVIII ou comezos do XIX.
Este calvario era o remate dun antigo viacrucis, hoxe desaparecido, que se atopaba no campo da festa. O domingo e o luns de Pascua celébrase a festividade da Virxe dos Desamparados e despois da misa ten lugar unha procesión que, dende o templo, vén dar a volta neste calvario.