Calvario de Baamonde
4 de 4

Calvario de Baamonde

Cruceiro

Está situado ao carón do Camiño do Norte a Santiago de Compostela, a escasos metros da igrexa románica desta parroquia do concello de Begonte, coa que forma un harmonioso conxunto, ao que tamén hai que lle engadir o singular castiñeiro tallado polo artista Víctor Corral.


Unha das singularidades do cruceiro central deste calvario son as súas efixies. Así, no seu anverso podemos ver unha boa talla do Redentor, do que chama a atención a súa coroa de espiñas, realizada en ferro. Pola súa parte, o reverso ofrécenos unha imaxe da Dolorosa, con amplos voos na súa vestimenta e con tres puñais cravados no corazón. Cómpre resaltar que a presenza destes puñais, realizados en ferro, así como das espiñas da coroa de Cristo, contribúen a aumentar a carga dramática destas imaxes ao darlles máis realismo.