Castro de Borneiro
11 de 29

Castro de Borneiro

Castros, Espazo arqueolóxico Borneiro - 15119 San Xoán de Borneiro - Cabana de Bergantiños. A Coruña

O xacemento castrexo foi descuberto, en 1924, por Ciriaco Pérez Bustamante e Isidro Parga Pondal, sobriño neto, por parte materna, do Bardo Bergantiñán. Polo tanto, o noso poeta non coñeceu a súa existencia. As primeiras escavacións datan dos anos 30, as seguintes dos 70, e as últimas dos 80. En Galicia, foi o primeiro castro con datación a partir do C-14, constatándose que estivo habitado desde o século VI a.c. ata o II d.c. Na actualidade están escavadas as tres cuartas partes da croa.