Catedral de Santiago de Compostela
6 de 7

Catedral de Santiago de Compostela

Catedral

A Catedral de Santiago de Compostela é, sen dúbida unha das obras mestras do románico europeo. Nos últimos anos sufriu unha profunda e sistemática restauración que invítanos a revisitala neste Ano Santo 2021.

No seu arquivo conserva un retrato de Afonso X nunha miniatura da famosa compilación documental da sede compostelá coñecida como Tombo A. O tombo, iniciado no século XII durante o goberno do arcebispo Diego Xelmírez (1100-1140) seguiu completándose despois da súa morte e, de feito, péchase cunha doazón de Afonso X ó arcebispo Xoan Arias (1238-1266) datada en 1255. O texto ilústrase, como é habitual no tombo, con unha miniatura representando ó doante. O rei aparece de perfil, montado a cabalo, coroado e sostendo na man dereita unha lanza e coa esquerda un escudo con leóns e castelos.

Dentro da excelente colección do Museo Catedral atopamos, concretamente na entreplanta, dúas pezas moi destacables pero que en ocasións pasan desapercibidas ós visitantes.

A primeira é a chamada Virxe da Rosa, unha obra do século XIII aínda que moi enraizada na tradición románica. De feito responde ó tipo de virxe sedes sapientiae na que María actúa a modo de trono para o seu fillo. Ademais, conserva o hieratismo a frontalidade e a rixidez dos modelos do século anterior dentro o que hai que relacionar non tanto con una falta de mestría por parte do autor senón coa busca da deshumanización da divindade propia da estética románica. 

Ó fondo da sala exponse un Santiago sedente datado na segunda metade do século XIII que é un bo exemplo da evolución da iconografía do Apóstolo durante a idade media. O seu modelo é o Santiago realizado polo obradoiro do Mestre Mateo para o altar maior da basílica en torno ó ano 1200. De feito, incorpora incluso a coroa que colgaba sobre esta imaxe do altar dende mediados do século XIII e que os peregrinos colocaban sobre a súa cabeza como símbolo da fin da súa pelegrinaxe. sobre o peito, é visible, ademais, un morral, un atributo que nos fala xa do nacemento da iconografía de Santiago peregrino.

 Fotos: Paco Vila Barros / CCG / Luis Miguel Bugallo Sánchez / Wikipedia