Cruceiro de San Nicolás (Neda)
2 de 4

Cruceiro de San Nicolás (Neda)

Cruceiro

O cruceiro de San Nicolás de Neda é un traballo de formas góticas e de grande interese iconográfico. Colocado no adro parroquial desde o ano 1975, veu desde o barrio do Paraíso, onde fora derrubado con anterioridade. Conserva de orixe a sólida cruz que amosa unha imaxe de Cristo en cada lado do madeiro. Aos seus pés atópanse catro desgastadas figuras máis pequenas e situadas aos catro ventos, que poderían representar a Virxe e San Xoán Evanxelista nunha típica alegoría do Calvario.

Ambas as imaxes de Cristo, de factura arcada, coa cabeza caída á dereita, as pernas cruzadas e apoiadas no capitel, os pés cravados en rotación, o pano de pureza atado ao medio e a presenza dunha umbela, indican que pode ser unha obra de finais do século XIV ou principios do XV. O resto dos elementos da obra, a plataforma de tres chanzos, o pedestal prismático, a curta columna oitavada con biseis de landra e o sólido capitel cuadrangular, colocáronse máis tarde e substituíron as pezas orixinais do cruceiro.

Fotografías e vídeos