Praia de Laxe
12 de 29

Praia de Laxe

Espazo Literario, Praia, Espazo biográfico Laxe - 15117 Santa María de Laxe - Laxe. A Coruña

Trátase dunha praia urbana en forma de cuncha, con area fina e branca, de máis de dous quilómetros de extensión e bordeada por un cordón dunar activo. Á "areosa Lage", como Pondal a denomina no seu Queixume dos pinos, foille concedida a Q de calidade turística do Instituto para a Calidade Turística Española, o 10 de outubro de 2008.