Mosteiro de Melón (Melón)
MosteiroAs orixes do
mosteiro cisterciense de Santa María de Melón son un tanto incertos pero todo
apunta a que debeu de ser fundado nas décadas centrais do século XII en
relación coa implantación desta orde nas terras occidentais da Península
Ibérica da man de monxes procedentes da abadía francesa de Clairvaux.
A igrexa
abacial de Melón comezada cara 1160-1170 foi, sen dúbida, unha das obras máis
destacables da arquitectura da Orde do Císter no só pola súa envergadura senón
tamén pola súa complexidade arquitectónica e calidade construtiva: planta de
cruz latina, tres naves no corpo principal e deambulatorio e capelas radiais.
Porén, hoxe en día so podemos facernos unha idea do que foi a partir das partes
conservadas. A finais do século XIX un raio derribou a maior parte do corpo de
naves nun momento no que a igrexa se convertera xa nunha simple parroquia trala
exclaustración dos monxes. Debido a iso, cando no ano 1894 se emprende a súa
restauración optouse por realizar unha nova fachada á altura do primeiro tramo
da antiga nave quedando como igrexa
—máis que suficiente para unha parroquia rural— o espazo correspondente
á cabeceira e o cruceiro. O terreo antes ocupado polo corpo de naves, do que
aínda restan boa parte dos muros perimetrais, foron utilizados como atrio.
Aínda así, podemos observar dende o exterior, a grandiosa cabeceira que presenta a habitual gradación de volumes crecentes en altura dende as absidiolas ata a ábsida principal pasando pola xirola. No interior, esta articulación tradúcese nunha complexidade espacial que non se ve menoscabada polo rigor arquitectónico e decorativo tan propio da arte do Císter.