Igrexa de Santa Eufemia de Ambía (Baños de Molgas)
IgrexaA igrexa de Santa Eufemia é un dos
exemplos máis discutidos da arquitectura altomedieval de Galicia. Construída a
finais do século IX ou máis probablemente no X sufriu unha reconstrución case
total no século XVI que dificulta hoxe en día o seu estudo. Ademais de parte
dos muros e varias fiestras orixinais, consérvanse na igrexa varios fragmentos
do que debeu de ser unha inscrición monumental que confirma a dedicación da
igrexa a mártir Santa Eufemia ademais de ao Salvador e á Virxe María.
No seu interior, conserva tamén un
Cristo crucificado románico realizado en madeira. Aínda que perdeu a policromía
que seguramente tivo orixinalmente, a peza conservase en moi bo estado e é un
dos poucos exemplos deste tipo que se conservan na provincia de Ourense.
E unha figura frontal suxeito á cruz con catro cravos e con un pano de pureza que lle chega aos xeonllos. O seu estilo es moi arcaizante e cinguido os presupostos plenorrománicos. Sen embargo, todo apunta a que se trata dunha obra dun escultor local que, coas súas limitacións, tenta imitar modelos prestixiosos do século XIII como o famoso Cristo dos Desamparados da Catedral de Ourense. Consegue, de todos os xeitos facer una imaxe chea de ascetismo e sinxeleza representando a unha divindade despersonalizada moi propia da relixiosidade medieval.
Fotos: Turismo de Galicia