Santa María da Atalaia
Igrexa, Mirador R. Real, s/n - 15117 Santa María de Laxe - Laxe. A Coruña.Construción de estilo gótico mariñeiro do século XIV - XV, e torre do XVI, promovida por Dona Urraca Moscoso, a petición da súa nai. Situada no alto do porto, está rodeada por un muro defensivo, onde se localizaban os canóns, servindo este enclave de atalaia. Destaca o seu interior co friso pétreo medieval do altar maior descuberto en 1955, a imaxe gótica en pedra de Santa Inés, doada por unha irmán de Dona Urraca e a pintura de Santo Domingo da Calzada, aparecida recentemente, entre outros.