Cruz do cemiterio de Bonaval
2 de 6

Cruz do cemiterio de Bonaval

Cruceiro Rúa de Bonaval

Álzase no espazo que hai entre a rúa e a porta do antigo cemiterio de Bonaval, para onde se trasladou ao converte este en parque público.

Trátase dunha cruz sen imaxes de carácter fúnebre e de estilo ecléctico, labrada na primeira metade do século XIX, como amosa que nas catro caras do pedestal teña unha coroa ou grilanda e a inscrición IN MEMORIAM. O fuste é de sección circular e o capitel toscano.