Cruz da capela da Nosa Señora da Angustia de Arriba
3 de 6

Cruz da capela da Nosa Señora da Angustia de Arriba

Cruceiro Rúa do Campo da Angustia

A capela ocupa o soar dun cemiterio de pobres onde estaba orixinariamente a cruz do Home Santo. Foi mandada construír en 1465 polo pintor Cristovo Francés e a súa muller, aínda que a obra que chegou aos nosos días é moi posterior.


No adro e fronte á entrada está a cruz asentada sobre unha base cuadrangular, sen imaxes pero con inscrición da que agora só é lexible a data: 1686.


O fuste é octogonal, o capitel toscano cadrado e a cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas agás nos remates.