Cruceiro da cruz de San Pedro
4 de 6

Cruceiro da cruz de San Pedro

Cruceiro Rúa da Cruz de San Pedro

Ata a década dos anos sesenta do século pasado neste sitio non había máis que unha cruz, por iso a rúa mantén a denominación antiga da Cruz de San Pedro.


O actual cruceiro foi trasladado para este lugar co gallo das melloras urbanísticas que se levaron a cabo na cidade para o Ano Santo de 1965. É unha obra esvelta de gusto neoclásico, datable a mediados do século XVIII, co fuste cilíndrico sobre un pedestal alto e o capitel toscano. A cruz ten abundantes nós, imitando un tronco podado, con Cristo crucificado na fronte, pendente de tres cravos, e por detrás a Virxe baixo a advocación da Soidade.

O baseamento é moderno.