Cruceiro de San Lázaro
5 de 6

Cruceiro de San Lázaro

Igrexa, Cruceiro Avenida de San Lázaro

Estaba na carballeira que había na contorna do hospital de leprosos, por iso antes tamén era coñecido como “cruceiro da carballeira de San Lázaro”, da que non se conserva nada. Actualmente queda o edificio e a igrexa, reconstruídos en 1887 e 1924, respectivamente, e no resto da propiedade construíronse as sedes das consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Consellería de Sanidade, Instituto Galego de Estatística e o de Promoción Económica etc.

Mudou de localización varias veces. Carece de inscrición, mais pode ser obra dos últimos anos do século XVII ou de comezos do seguinte. O baseamento e o pedestal antigos foron substituídos por unha base cuadrangular de formigón; a vara é octogonal, o capitel toscano cadrado e, por último, a cruz é de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas.

Na fronte ten a Xesucristo, suxeito como é tradicional con tres cravos, e no reverso unha efixie da Virxe, quizais a Inmaculada Concepción.