Cruceiro de San Marcos do Monte do Gozo
6 de 6

Cruceiro de San Marcos do Monte do Gozo

Cruceiro Avenida de San Marcos

Sufriu varios cambios debidos á construción e posteriores ancheamentos da estrada de Lugo (N-634).


O baseamento consta de tres chanzos e sobre el o pedestal, máis estreito que os anteriores, coa inscrición repartida nos lados, na que consta que o mandou facer un matrimonio no ano 1684. Seguen a vara (ao comezo e ao remate de sección cadrada e o resto octogonal) e o capitel con crochets e no medio de cada lado unha folla de acanto.


Na fronte está Cristo suxeito con tres cravos e no lado contrario a Virxe co neno Xesús sobre o brazo esquerdo. É o único cruceiro compostelán antigo que na vara ten labrada unha imaxe, neste caso, como non podía ser doutro xeito tendo en conta onde se atopa, a de Santiago peregrino.

Aquí remata o primeiro itinerario das cruces e cruceiros composteláns.