Antiga casa - escola de Vilela de Nemiña
15 de 29

Antiga casa - escola de Vilela de Nemiña

Espazo biográfico Vilela de Nemiña, 4 - 15124 San Cristovo de Nemiña - Muxía. A Coruña

Casa do párroco de Touriñán e Nemiña, D. Cristovo de Lago, onde impartía clases de gramática, latín e grego, tendo entre os seus alumnos a Pondal. O poeta recorda estes anos, e o camiño que percorría a cabalo para chegar ata aquí, nun dos seus poemas de Queixume dos Pinos. A vivenda actual é o resultado da unión de tres vivendas, sendo a do mestre a torre central. Construción de cachotaría encalada en branco, con cantaría enmarcando portas e ventás e cuberta a dúas augas con tella do país.

Finca privada. Non visitable