Café Europa
Edificio singular
Seguimos por Obispo e facemos outra parada na esquina de Aguiar, no elegante Café Europa, dos irmáns Celestino e Adolfo Cacheiro Penide. Nativos da Estrada, Pontevedra, abeiraron á Habana a principios do XX e chegaron a posuír varios negocios, ademais do café, como El Gato Negro (no propio Café), a Lotería nacional (en Obispo e Galicano), a libraría El Gato de Papel (Obispo e Habana), así como a posesión dunha gran propiedade nas Escaleras de Jaruco, coa explotación turística das Cuevas del Cura.
Volvendo ao local, a primeira inscrición de 1878 indica que o café chamado Europa do cubano-catalán Juan Suriol, rendía como cafetería e pastelaría e así o describía unha crónica de Juan Viloch:
En competición coa aromática Moka, cuxo perfume satura olorosamente as paredes tapizadas e os pisos de mármore del Europa, outras mil frivolidades aceptadas na Habana -del Europa- enchen as mesas mostradoras do fondo, alzadeiros, vitrinas e aparadores, estes colgados nas portas do café, que dobran as follas sobre Aguiar. (El Fígaro, A Habana, 1899).
O escritor e xornalista Luis Bonafoux tamén se inspirou nel para escribir a súa novela El Avispero (1892).
O romántico inmoble foi demolido a principios do século XX e substituído por un práctico edificio de varias plantas, dedicadas a oficinas. En 1931 José Alonso Morán subarrendou a planta baixa a Cacheiro y Hermano onde xa radicaba o novo Café Europa.
Tras a intervención de 1962, o Café Europa seguiu dedicado á hostalaría co mesmo nome, aínda que a familia tomou diferentes camiños de exilio, cara a Venezuela ou cara a Galicia. Por mor do lóxico deterioro do inmoble, foi sometido a varias reformas, aínda que sempre permaneceu como unha explotación hostaleira grazas á súa inmellorable situación na esquina de Aguiar e Obispo.