Penedos de Pasarela
19 de 29

Penedos de Pasarela

Espazo Literario, Penedo Singular Pasarela - 15129 San Xoán de Calo - Vimianzo. A Coruña

Lugar de evocación para o Bardo de Bergantiños, os penedos de Traba e Pasarela están en proceso de declaración de espazo protexido. Esta paisaxe granítica de gran interese xeolóxico presenta curiosas rochas con formas zoomórficas, xeométricas e antropoides. A Cachucha, Torre de Mona, Galla de Pedra da Barca, Pena de Aguia e Pedra Forcada son algúns dos nomes destes monumentos naturais. Este conxunto singular goza de diferentes valores científicos, culturais e paisaxísticos.