Faro Nariga
Espazo biográfico, Espazo Literario, Mirador, Faro Punta Nariga - 15113 San Pedro de Barizo. A CoruñaPondal escrebe uns versos dedicados a Cabo Nariga, nunha carta a Murguía de 1869, para dar os parabéns ao matrimonio polo nacemento da súa filla. O poeta referencia en varios poemas este Cabo, lugar onde aínda non existía o actual faro. Esta construción, realizada polo arquitecto galego César Portela en 1995, é o resultado dunha maxestosa combinación de liñas. A súa planta simula a proa dun barco, coroada por unha escultura en bronce, a modo de mascarón, creada por Manolo Coia en 1994.