Casa natal de Amador Rodríguez
5 de 10

Casa natal de Amador Rodríguez

Espazo biográfico

Amador Rodríguez tamén era da familia dos Aceiteiros e fillo dos donos do Ultramarinos Aceiteiro da localidade. Era sacerdote e grande amante do folclore tradicional popular, interesado por lendas, ditos, costumes ou mitoloxía. Foi a figura imprescindible que axudou a Vicente Risco nas tarefas de recollida da tradición oral para o proxecto. Os veciños tiñan confianza nel e, malia ser un home aínda novo, gozaba de gran prestixio na localidade, o que lle abriu moitas portas.