Antiga igrexa de San Pedro
IgrexaNesta localización estaba a antiga igrexa
parroquial do casco vello de Melide, a igrexa de San Pedro. O templo, de orixe
románica, foi demolido en 1949, pero nacera xa como unha ampliación do pequeno
núcleo urbano de Melide coñecido como o Burgo Novo. A igrexa é do ano 1265 e as
súas formas románicas xa apuntan ao gótico. Só se conservan a portada románica
e tres laudas sepulcrais do seu interior, situadas na actual capela de San
Roque. Foi parroquial ata o ano 1842, cando se decidiu trasladar a sede
parroquial para a igrexa do Convento e deixar San Pedro como auxiliar. Aínda
así, Amador Rodríguez representaba nela cos rapaces da vila autos dos Reis Magos
compostos por el mesmo.
Fronte á igrexa existían dous pazos urbanos
medievais: a casa de Pedrosa e a casa de Sibil. Os tres monumentos foron
documentados polo Seminario de Estudos Galegos. Antonio Taboada Roca,
farmacéutico de Melide, era xenealoxista e estudou os vínculos familiares
destes fidalgos.
Co paso do tempo, un dos aspectos salientables
da publicación <i>Terra de Melide</i> é que documenta lugares,
espazos ou patrimonio inmaterial que xa non existen e que serían moito menos
coñecidos se non se levasen a cabo estes traballos de investigación. O libro
<i>Terra de Melide</i> describe un mundo que xa só podemos ver en
parte, malia pasar pouco máis de cen anos.