Farmacia de Antonio Taboada Roca
7 de 10

Farmacia de Antonio Taboada Roca

Espazo biográfico

A rebotica da farmacia de Antonio Taboada Roca (1919-1978), membro do SEG, funcionaba como espazo de xuntanza e traballo para os investigadores do SEG durante a súa estadía. Taboada Roca era naquela altura o grande erudito local de Melide e o propietario dunha notable biblioteca, que foi depositada no castelo de Pambre (Palas de Rei), propiedade do seu irmán Manuel Taboada Roca, e que hoxe se atopa en paradoiro descoñecido. Foi autor dunha extensa obra asociada ás familias nobiliarias e na publicación Terra de Melide colaborou redactando a información sobre as familias aristocráticas de Abeancos.

Na tradición popular de Melide, da que non queda rexistro documental, ficou o recordo de que desde un balcón da casa desta farmacia Castelao pronunciou un mitin.